InicioVigo e contornaVigoO prezo do billete de bus de venda directa en Vigo subirá...

O prezo do billete de bus de venda directa en Vigo subirá a 1,57 euros

O goberno municipal de Vigo confirmou este martes un aumento da subvención ao billete de bus para usuarios do cartón PassVigo, ata os 1,04 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo confirmou este martes un aumento da subvención ao billete de bus para usuarios do cartón PassVigo, ata os 1,04 euros (contando tamén coa achega do Goberno central), aínda que este incremento non evitará que o prezo do billete ordinario bonificado suba de 0,49 a 0,53 euros.

A Xunta de Goberno local aprobou o pasado 29 de decembro, en sesión extraordinaria e urxente, a revisión de tarifas do bus urbano, e a actualización dos prezos bonificados do billete de Vitrasa (concesionaria que presta o servizo), de maneira que os usuarios do cartón PassVigo pasarán a pagar 0,53 euros (billete ordinario), 0,51 euros para estudantes, 0,39 euros para universitarios, e 0,43 euros para o chamado bono social.

Esta subida prodúcese a pesar de que, segundo confirmou o portavoz do goberno local, Carlos López Font, o Concello incrementará en catro céntimos, ata 1,04 euros, a subvención ao billete ordinario, mentres que a Xunta achega “cero euros”.

Na Xunta de Goberno tamén se deu luz verde á subida do billete de venda directa, o que pagan os viaxeiros que non teñen cartón PassVigo, desde 1,49 a 1,57 céntimos. Esta subida entrará en vigor cando reciba o visto e prace da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta.

Con todo, o concelleiro de Facenda do Concello olívico, Jaime Aneiros, rexeitou o pasado mes de agosto que o prezo do billete de bus fóra a subir este 2024. Aneiros anunciou entón un incremento do 4 % nas principais taxas e impostos municipais para este ano, pero matizou que “non se vai a subir, non se vai a actualizar o transporte público urbano de viaxeiros, o billete de autobús non se vai a subir”.

Tanto PP como BNG criticaron duramente a decisión de aumentar o prezo dos billetes de bus bonificados, e censuraron que se decidiu de forma “unilateral” e sen aviso previo.

ÚLTIMAS

A Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de formación para recuperar terreos queimados

O Consello da Xunta aprobou este luns o primeiro dunha serie de convenios no...

A CIG chama a “desbordar” as rúas de Vigo o Primeiro de Maio contra a precariedade e a escalada belicista

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e a integrante da executiva...

Investigado un menor de 16 anos, sorprendido ao volante dun turismo en Redondela

Axentes da Policía Local de Redondela identificaron e denunciaron un mozo menor de 16...

A Garda Civil sitúa en Cataluña a cúpula da trama de narcolanchas que operaba dende Vigo

Os 11 acusados pola súa implicación na construción e traslado de narcolanchas dende Vigo...