InicioVigo e contornaVigoA CIG no Concello de Vigo convoca un concurso fotográfico para denunciar...

A CIG no Concello de Vigo convoca un concurso fotográfico para denunciar deficiencias das instalacións municipais

Deste xeito, 'tirando de ironía', a CIG pretende volver denunciar o mal estado das instalacións municipais que "sofren a falta de mantemento necesario para paliar os efectos do paso do tempo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sindical da CIG no Concello de Vigo convocou un concurso fotográfico destinado aos traballadores municipais para que denuncien con imaxes as deficiencias das instalacións nas que desempeñan as súas tarefas, e estableceu tres categorías: “a maior cantidade de auga por metro cadrado”, “a eficiencia enerxética: ese misterio do futuro”, e “o meu lugar de traballo non é vello, é vintage”.

Así, facilitaron unha dirección de correción electrónico para que os funcionarios remitan as súas fotografías (pode ser forma anónima) antes do 31 de decembro, e poderán optar, en función da categoría, a tres premios: un paraugas, unha axenda ou unha mochila.

Deste xeito, ‘tirando de ironía’, a CIG pretende volver denunciar o mal estado das instalacións municipais que “sofren a falta de mantemento necesario para paliar os efectos do paso do tempo”. Na casa consistorial, sinalaron desde a sección sindical, “a cidadanía e o persoal sofren constantemente as pingueiras que hai que recoller con papeleiras e caldeiros, a humidade que esnaquiza as tarimas, e a pintura das paredes cae”.

Tamén apuntaron problemas de climatización, que fan que no verán se soporten temperaturas de máis de 30 graos, mentres que no inverno, coa calefacción encendia, as oficinas teñen que abrir as xanelas porque “a temperatura é imposible de regular”.

As deficiencias repítense noutros edificios e dotacións municipais, como pavillóns, ou no Parque Central de Lavadores. Unha situación derivada do feito de que non se prevé nos orzamentos “unha partida razoable para manter as instalacións cun mínimo de habitabilidade”. “Ata o punto de que, mentres a cidade énchese de luces LED, hai oficinas nas que non se pode repor un fluorescente por falta de material”, censurou a CIG

ÚLTIMAS

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...