InicioSucesosExclúen de listas de contratación do Sergas a unha traballadora do SERGAS...

Exclúen de listas de contratación do Sergas a unha traballadora do SERGAS por “malos tratos verbais” a pacientes e traballadores

Os feitos ocorreron no centro de saúde de Sárdoma "chegando a causar un ataque de ansiedade a un paciente, malos tratos estendidos a outros compañeiros de servizo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou sentenza na que rexeita un recurso presentado por unha traballadora de servizos xerais do Sergas, e confirma unha sentenza de primeira instancia que, á súa vez, dá a razón á administración na súa decisión de excluír a esta persoa das listas de contratación temporal por “malos tratos verbais” a pacientes do centro de saúde de Sárdoma (Vigo) e aos seus compañeiros de traballo.

Segundo recóllese na resolución do alto tribunal galego, xa o xulgado contencioso administrativo de Vigo reflectiu que a proba contra a muller é “abafadora”, e sinala que, no expediente aberto polo Sergas, figuran non só reclamacións de pacientes, senón escritos de denuncia de traballadores dese centro de saúde da cidade olívica, informe do xefe de servizo do ambulatorio, escritos de alegacións de testemuñas ou escritos de traballadores do PAC da cidade que coincidiron con ela.

O Sergas adoptou a decisión de excluír a esta muller das listas de contratación temporal polos “malos tratos con violencia verbal” a dous usuarios do centro de saúde, chegando a causar un ataque de ansiedade a un paciente, malos tratos estendidos a outros compañeiros de servizo”, así como pola incorrecta utilización do procedemento de citación presencial de pacientes, “o cal impediu a eficaz abordaxe do cribado pre-Covid”.

Ademais, os traballadores do PAC de Vigo relataron que esta persoa tivo problemas con todos porque “sempre chegaba tarde”, abandonaba o seu posto de traballo sen dar explicacións e regresaba cando consideraba oportuno, estando ilocalizable mentres tanto e, ao ser recriminada, mostraba unha actitude “desafiante”. Tamén denunciaron que “en ningún caso” cumpría co seu traballo, sobrecargando aos seus compañeiros e “xerando tensións e mal ambiente” que repercutía no funcionamento do servizo.

A traballadora en cuestión recorreu a decisión do Sergas, pero o xulgado contencioso administrativo de Vigo avalou esa decisión e, agora, o TSXG ratifica esa sentenza.

ÚLTIMAS

A Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de formación para recuperar terreos queimados

O Consello da Xunta aprobou este luns o primeiro dunha serie de convenios no...

A CIG chama a “desbordar” as rúas de Vigo o Primeiro de Maio contra a precariedade e a escalada belicista

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e a integrante da executiva...

A Garda Civil sitúa en Cataluña a cúpula da trama de narcolanchas que operaba dende Vigo

Os 11 acusados pola súa implicación na construción e traslado de narcolanchas dende Vigo...

Zona Franca sacará a concurso dúas parcelas en Vigo para construír ata 90 vivendas de aluguer alcanzable

O pleno do Consorcio Zona Franca de Vigo (CZFV) aprobará este martes unha oferta...