InicioVigo e contornaVigoDesarticulan dous puntos de venda de droga en Vigo

Desarticulan dous puntos de venda de droga en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Vigo a tres persoas como presuntas autoras dun delito de tráfico de drogas tras a desarticulación de dous puntos de venda de estupefacientes na cidade.

Tal como informa dito corpo de seguridade, a investigación iniciouse a través de informacións recibidas nas que se situaba nunha zona da cidade un posible punto de venda de droga.

Así, constatouse a existencia de dous domicilios próximos onde se distribuían pequenas cantidades de estupefacientes a consumidores e intermediarios.

Desta maneira, determinouse tamén a autoría de tres persoas dun delito de tráfico de drogas, sendo detidas. No rexistro das dúas vivendas incautáronse efectos e útiles para a elaboración da droga, diñeiro en efectivo e distintas cantidades de cocaína, haxix e marihuana, ademais de teléfonos móbiles, armas brancas e escopetas de aire comprimido.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...