InicioSociedadeUnhas 500 persoas maniféstanse polo conflito de Vitrasa: "Menos luces, máis autobuses"

Unhas 500 persoas maniféstanse polo conflito de Vitrasa: “Menos luces, máis autobuses”

Saíron ás rúas do centro de Vigo este venres para pedir que se negocie un convenio digno.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unhas 500 persoas manifestáronse este venres polas rúas do centro de Vigo para esixir unha solución ao conflito de Vitrasa, concesionaria do bus urbano da cidade, e para pedir que se negocie un convenio digno.

Ao berro de “Menos luces, máis autobuses” ou “Vitrasa culpable, alcalde responsable”, os traballadores da concesionaria, as súas familias e outros cidadáns saíron á rúa unha vez máis para esixir unha saída a un conflito que se arrastra desde hai máis de dous anos e que, desde hai unha semana, desembocou nunha folga indefinida.

O presidente do comité de empresa, Imanol Arnoso, expresou a satisfacción dos representantes dos traballadores pola resposta do persoal, tanto á folga como aos actos reivindicativos, entre eles, a manifestación deste venres, que saíu desde Praza de España, en dirección ao cruzamento de Colón e Policarpo Sanz.

Arnoso explicou que os traballadores manteñen os “ánimos” e a “disposición” de continuar co paro, e rexeitou as acusacións de empresa e Concello, sobre a suposta negativa do comité a chegar a un acordo na reunión de mediación celebrada o pasado 24 de novembro.

Segundo reiterou o representante do persoal, a parte social expresou a súa disposición a suspender o paro a cambio de manter unha serie de reunións ao longo dunha semana. No caso de que se producisen avances, a folga seguiría suspendida. “O que non podemos aceptar é desconvocala ata o 31 de decembro, porque é agora, coa campaña de Nadal, cando podemos facer presión”, subliñou, á vez que incidiu en que Vitrasa segue utilizando como argumento para non atender as súas demandas a falta de reequilibrio económico da concesión (unha compensación que o Concello está “a calcular”, segundo explicou en rolda de prensa o concelleiro de Fomento e Servizos, Javier Pardo).

Por outra banda, lembrou que o vindeiro luns o comité convocou unha concentración ante a sede do SMAC en solidariedade cos traballadores da empresa que foron expedientados. Ademais, confirmou Arnoso, Vitrasa chamou á representación do persoal a unha reunión, tamén o luns, aínda que recoñeceu que non esperan “moito” do encontro.

ÚLTIMAS

Cae por un desnivel duns dous metros no centro de Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns tras caer por un desnivel duns...

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...