InicioVigo e contornaVigoDispositivo especial de Tráfico para o Nadal de Vigo con máis controis...

Dispositivo especial de Tráfico para o Nadal de Vigo con máis controis en toda a provincia de Pontevedra

Tráfico fixo unha serie de recomendacións, como o uso do transporte colectivo ou o uso dos estacionamentos habilitados en Samil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra puxo en marcha este venres un dispositivo especial de vixilancia, regulación e control de tráfico en vías interurbanas para paliar as posibles complicacións circulatorias que se poidan xeran nas estradas de acceso a Vigo debido ao aceso das luces de Nadal.

Este dispositivo, que incluirá máis controis e xestión de tráfico, estará activo ata mediados do mes de xaneiro, cando se apaguen os adornos do Nadal. Todo iso debido á previsión dun incremento dos desprazamentos na zona, especialmente nos viarios de conexión coa urbe, sobre todo durante o fin de semana e festivos.

Segundo datos de medición do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste-Cantábrico, durante decembro de 2022 incrementouse o tráfico un 2% nos principais accesos á cidade de Vigo, en comparación co ano anterior, rexistrándose un aumento maior, ata o 8%, algúns domingos.

“Co obxectivo de dar cobertura ao incremento de desprazamentos previstos, en aras a unha mellora da seguridade viaria, deseñouse un operativo que terá en conta as especiais características dos desprazamentos efectuados e realizará unha vixilancia específica respecto ao cumprimento das normas e á vixilancia dos principais factores de risco que afectan á condución“, engadiu Tráfico, referíndose ao control de alcol e drogas, de velocidade, do uso de cinto ou do móbil, entre outros.

Precisamente este venres, día 1 de decembro, os principais viarios de entrada á cidade están a rexistrar longas retencións, debido, en parte, a que é festivo en Portugal, o que provocou que multitude de visitantes do país veciño elixisen a cidade este fin de semana.

Por todos estes inconvenientes, Tráfico fixo unha serie de recomendacións, como o uso do transporte colectivo ou o uso dos estacionamentos habilitados en Samil. Tamén indicou a importancia de programar os desprazamentos con antelación ou informarse da situación do tráfico en tempo real na páxina da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...