InicioSucesosDeteñen un home en Vigo por quebrar unha orde de afastamento dunha...

Deteñen un home en Vigo por quebrar unha orde de afastamento dunha vivenda

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a un veciño da cidade, C.O.C., de 41 anos de idade, como presunto autor dun delito de quebrantamento de medida, tras vulnerar unha orde de afastamento dunha vivenda.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron pasadas as 14,00 horas deste xoves, cando unha testemuña chamou ao 092 tras observar como un individuo saltaba un muro de peche metálico dunha clínica dental na Estrada do Vao.

Esta testemuña informou os axentes que acudiron que un home moreno, de aspecto desaliñado, saltara o muro e forzara un coche aparcado no recinto. Esta persoa sinalou que cría que o sospeitoso podería levarse algo do interior do vehículo, e que logo, tras saltar novamente o muro, abandonara o lugar.

Coa descrición e datos achegados, a Policía localizou ao sospeitoso e, tras identificalo e cachealo, non atoparon ningún obxecto susceptible de ser roubado.

No entanto, ao facer as comprobacións na base de datos, os funcionarios comprobaron que pesaba sobre este home unha orde xudicial de afastamento a máis de 500 metros dunha vivenda da rúa Ceán, da que estaba a uns escasos 40 metros, polo que se procedeu á súa detención.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...