InicioSucesosUnha familia intoxicada por monóxido de carbono debido á mala combustión dunha...

Unha familia intoxicada por monóxido de carbono debido á mala combustión dunha estufa de butano

Presentaba un cadro médico compatible cunha intoxicación por este gas e os catro membros foron trasladados ao centro hospitalario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro membros dunha familia foron evacuados a un centro hospitalario de Vigo na mañá deste mércores tras resultar intoxicados por monóxido de carbono debido á mala combustión dunha estufa de butano. Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron pasados uns minutos das 08.00 horas, cando os servizos sanitarios alertaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, asegurando que unha familia presentaba un cadro médico compatible cunha intoxicación por este gas.

Tres destas persoas continuaban no domicilio, situado na rúa Barreiro, no barrio vigués de Lavadores. Unha menor afectada xa estaba nun centro educativo. Con todo, todos eles foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro para avaliar os seus síntomas. No entanto, faltaba comprobar se a acumulación deste gas no interior da vivenda provocara o malestar da familia. Por iso, pediuse a colaboración dos bombeiros, da Policía Local e da Nacional. No punto, levaron a cabo as inspeccións necesarios, confirmándose a alta concentración de monóxido no domicilio debido á mala combustión dunha estufa de butano.

INTOXICADA OUTRA MENOR

Mesma situación deuse na localidade lucense do Incio, onde unha adolescente resultou intoxicada por monóxido de carbono na noite deste pasado martes. Foi sobre as 23,00 horas cando se tivo constancia do suceso, sendo a menor trasladada a un centro hospitalario, mentres que o resto de persoas que se atopaban na casa non resultaron afectadas.

Neste caso, os bombeiros tamén confirmaron que atoparon altos índices deste gas en toda a vivenda, sendo a causa unha mala combustión dun xerador de gasolina que había no domicilio.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...