InicioSociedadeMúltiples detencións na cidade o 25N por delitos de violencia de xénero...

Múltiples detencións na cidade o 25N por delitos de violencia de xénero e por saltarse unha orde de afastamento

A Policía Local informou de tres detencións este sábado, xornada de conmemoración do Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero.

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo informou de tres detencións este sábado, xornada de conmemoración do Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, doutros homes como presuntos autores de senllos delitos de violencia de xénero, así como do arresto doutro home, por vulnerar unha orde de afastamento da súa parella.

A primeira intervención tivo lugar na tarde do sábado, cando o 092 recibiu unha chamada dunha testemuña que observara unha agresión dun home á súa parella na Travesía de Vigo. Á súa chegada, os axentes entrevistáronse coa muller supostamente agredida, que estaba moi nerviosa e chorando. Segundo relatou, discutira coa súa parella polos celos del, que lle agarrou por un brazo, zarandeado e dado dous bofetones na cara, tirándoa ao chan.

Mentres estaban alí os axentes, observaron a un home saír correndo en dirección contraria e, tras confirmar a muller que se trataba da súa parella, saíron detrás e interceptárono. O home, J.A.A., de 35 anos de idade, recoñeceu que era parella da muller, pero asegurou que non fixera nada e que só ía a un caixeiro a sacar diñeiro. Con todo, a Policía contactou coa testemuña que alertara do ocorrido e esta reafirmouse na súa versión dos feitos, e ratificou o que contara a victima. Por iso, procedeuse á detención do home como suposto autor dun delito de violencia de xénero.

AGRESIÓN EN PRESENZA DUN MENOR

Por outra banda, o mesmo sábado pola noite, unha dotación de Policía Local acudiu a un domicilio de Fotógrafo José Gil tras recibir unha chamada dunha testemuña que informaba dunha forte discusión entre unha parella nunha vivenda. Cando chegaron os axentes, o home abriu a porta e, con el, atopábanse unha muller e un menor, fillo de ambos. Inicialmente, os dous adultos afirmaron que estaban a discutir pero que non pasara nada, pero os axentes entrevistáronse logo por separado con ambos.

Nese momento, a muller explicou que o seu marido ten unha “obsesión enfermiza co diñeiro” e que non para de gastar. A rifa dese día orixinouse porque o home lle pediu máis diñeiro e ela negouse a darllo. Entón, o home empezou a porse violento e levantou o sofá no que estaban sentados a súa muller e o seu fillo, soltándoo de forma brusca e propinándolle daquela unha patada a ela na perna. Pola súa banda, o suposto agresor, J.C.A.P., de 48 anos de idade, reduciu o ocorrido a unha “discusión sen importancia”, pero foi igualmente detido por un suposto delito de violencia de xénero.

AGRESIÓN E INTENTO DE ENTRAR EN CASA DA SÚA EXPARELLA

Pouco antes da media noite, outra dotación acudiu a unha vivenda da rúa Toucido, alertada por unha muller que explicou que a súa exparella estaba a escalar un muro para acceder ao interior do domicilio. Ao chegar, os axentes entrevistáronse coa muller que pedira auxilio e esta explicoulles que o home é o seu exparella, que a maltratou física e psicoloxicamente en numerosas ocasións no pasado.

Finalmente, a Policía Local de Vigo informou doutra intervención, na mañá do sábado, na rúa Peniche Escalinata, onde unha testemuña escoitou desde a rúa unha discusión nunha vivenda. Os axentes falaron entón coa aludida, que manifestou que ese día non fora agredida nin ameazada, pero que era vítima de violencia de xénero e que a súa parella ten en vigor unha orde de afastamento, que non cumpre. Procederon á detención do home, como presunto autor dun delito de quebrantamento de condena.

ÚLTIMAS

A Xunta pide ao Concello de Vigo “axilizar ao máximo” o seu informe sobre a PXOM

A Xunta de Galicia pediu ao Concello de Vigo que "emende os erros detectados"...

O Goberno traslada “tranquilidade” polo crime da maleta que, por agora, non se considera violencia de xénero

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, trasladou este luns unha "mensaxe de tranquilidade" sobre...

A CEG aborda con Caballero as necesidades de transporte de Vigo e insiste en pedir que o tren chegue ao porto de Bouzas

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, reuniuse este luns co...

Trasladan ao hospital a unha octoxenaria con problemas respiratorios tras un incendio no portal dun edificio en Gran Vía

Unha muller de 82 anos de idade foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de...