InicioSucesosArquivan a causa do incendio no que morreron unha nai e tres...

Arquivan a causa do incendio no que morreron unha nai e tres dos seus fillos en Vigo, ao descartarse intencionalidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de Instrución 1 de Vigo acordou o sobresemento provisional e arquivo da causa aberta sobre un incendio rexistrado na rúa Alfonso X da cidade, o pasado 11 de outubro, e no que morreron unha nai e tres dos seus fillos, ao descartarse que fose intencionado.

Segundo informaron fontes xudiciais, tras a práctica das dilixencias oportunas, “non resultou debidamente xustificada a perpetración do delito que motivou a apertura da causa” e non hai indicios de que se cometeu unha “infracción penal”.

No seu auto, a maxistrada sinala que é “especialmente relevante e significativo” o informe técnico policial sobre as causas do incendio, que indica que o lume tivo un único foco inicial, no portal, onde se situaba o cadro elétrico do inmoble. Alí, constatouse que había dous tramos distintos de cable de fíos de cobre con empalmes e rixidez derivada de fusión e soldadura por calor interna, é dicir, “por sobreintensidade”.

Os aveños acumulados no portal aumentaron as chamas, a calor e o fume, que ascenderon polo oco da escaleira ata as plantas superiores. Nese incendio faleceron unha muller e tres dos seus fillos, e máis dunha ducia de persoas resultaron feridas, entre elas a parella da vítima adulta e unha cuarta filla de ambos.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...