InicioEconomíaArmadores vigueses piden a redución ou eliminación do IVE aos produtos pesqueiros...

Armadores vigueses piden a redución ou eliminación do IVE aos produtos pesqueiros “aínda de maneira coxuntural”

Sobre a situación que vivirá o sector en Arxentina, tras o triunfo de Javier Milei nas eleccións xerais do país, ARVI puxo en valor os caladoiros arxentinos, celebrando que os comicios se levasen alí "con toda normalidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), Javier Touza, criticou este martes a posición do Goberno central sobre a lei do litoral galego e pediu unha vez máis a “redución ou eliminación” do IVE aos produtos pesqueiros, “aínda que sexa de forma conxuntural”.

Así o sinalou en declaracións aos medios de comunicación no marco do Día Mundial da Pesca, celebrado cada 21 de novembro. Nesta ocasión, estivo acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que visitou a cidade olívica para subirse xuntos ao pesqueiro ‘Golden Chicha’.

Alí, Touza reivindicou que Galicia “non é menos” que outras rexións de España como o País Vasco, onde a súa lei do litoral, “similar á galega”, si contou con “todos os apoios do Executivo”. Por iso, solicitou ao novo Goberno que “levante a suspensión por posible inconstitucionalidade” desta norma galega, que é “totalmente constitucional” e que o sector necesaria “que entre en vigor”.

El lembrou que esta lexislación saíu adiante no Parlamento de Galicia sen “oposición algunha”, xa que os grupos votaron a favor ou se abstiveron.

Para Touza, a normativa é necesaria para garantir a “seguridade xurídica” do sector mar-industria e todas as edificacións que se atopan na costa, como factorías de conserveiras e plantas de elaboración.

Entre outros temas, o presidente de ARVI asegurou que hai dous días enviou de novo unha carta ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, solicitando unha “redución ou eliminación” do IVE aos produtos pesqueiros. Respecto diso, dixo que a pesar de ter un custo económico, estudos recollen que o aforro no gasto sanitario compensaría “con fartura” a redución en ingresos.

Tamén se referiu a un informe da Comisión Europea que recolle que naqueles países que aplicaron unha redución do IVE caeu menos o consumo do peixe que noutros estados como España que non alteraron este imposto.

MINISTRO PLANAS

Tras enviar un recoñecemento a todos os traballadores do sector do mar e ás súas familias, Touza tamén se referiu a a formación do novo Goberno central, no que Luís Planas repite como ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Sobre isto, agradeceu o labor de Planas e o seu posicionamento en temas importantes para o sector pesqueiro, defendendo, por exemplo, a presentación do recurso contra o peche de 87 áreas de pesca de fondo ou o envío dun buque ao pecio do ‘Villa de Pitanxo’.

A pesar disto, insistiu en pedir un Ministerio ou unha Secretaría de Estado só de Pesca, para que trate todos os temas relativos ao sector.

Preguntado tamén pola situación que vivirá o sector en Arxentina, tras o triunfo o pasado fin de semana de Javier Milei nas eleccións xerais do país, el puxo en valor os caladoiros arxentinos, celebrando que os comicios se levasen alí “con toda normalidade”.

 

ÚLTIMAS

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta -...

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...