InicioSucesosDeteñen un mozo en Vigo por cometer presuntamente un delito de danos...

Deteñen un mozo en Vigo por cometer presuntamente un delito de danos contra unha tenda de telefonía móbil

A Policía contactou co responsable do establecemento que, unha vez personado no lugar, confirmou que non botaba en falta nada do interior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un mozo de 20 anos de idade, L.D.S.N., como presunto autor dun delito de danos, tras fracturar supostamente o escaparate dunha tenda de telefonía móbil.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste mércores, cando unha testemuña alertou da presenza dun home que rompera a cristaleira dun establecemento de telefonía móbil na rúa Martínez Garrido.

Unha patrulla de Policía Local escoitou o aviso a través da emisora e, dado que se atopaban preto, dirixíronse á zona. Unha vez no lugar, localizaron ao sospeitoso e, ao darlle o alto, comprobaron que presentaba un corte sanguento nunha man.

Ao preguntarlle como se fixo a lesión o mozo recoñeceu que rompera o cristal dun escaparate, pero matizou que non roubara nada do interior da tenda.

A Policía contactou co responsable do establecemento que, unha vez personado no lugar, confirmou que non botaba en falta nada do interior. Con todo, manifestou a súa intención de presentar denuncia polos danos.

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...