InicioSucesosAchan un cadáver nun edificio okupado da rúa Aragón

Achan un cadáver nun edificio okupado da rúa Aragón

A Policía Nacional atopou o corpo do home.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional achou este pasado luns o cadáver dun home nunha vivenda okupada da rúa Aragón de Vigo, segundo fontes policiais consultadas por Europa Press. Por agora, descoñécense as causas do seu falecemento, á espera de que a autopsia aclare os motivos polos que o home perdería a vida. Foi un particular o que alertou á Policía.

O corpo deste home sería atopado sobre un colchón nun edificio okupado xunto a unha xiringa, polo que unha sobredose podería ser a causa da morte, segundo adiantou Faro de Vigo. Precisamente a semana pasada, en Santiago, foi achado o cadáver dunha muller de 36 anos de idade nun piso relacionado co consumo de drogas. Unha veciña deu o aviso debido ao forte cheiro que saía da vivenda.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...