InicioSucesosDetido un dos homes que o martes atracaron unha sucursal bancaria en...

Detido un dos homes que o martes atracaron unha sucursal bancaria en Vigo da que levaron uns 3.000 euros

Continuan as xestións para localizar ao outro autor

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional da comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home como presunto autor dun roubo con violencia e intimidación nunha entidade bancaria de Vigo o pasado martes, da que levaron uns 3.000 euros e varios teléfonos móbiles.

Segundo informou o Instituto Armado, o atraco produciuse a última hora da mañá, cando dous homes armados accederon ao interior da sucursal e tomaron a un ancián como refén, que se atopaba no caixeiro exterior e ao que ataron as mans cunhas bridas.

No interior, os dous homes ameazaron aos empregados e clientes con pistolas e solicitaron a apertura da caixa forte. Nese momento, decatáronse da presenza no exterior dalgunhas testemuñas e, de forma repentina, subtraeron unicamente o diñeiro que se atopaba no mostrador. A contía ascende a uns 3.000 euros e dous teléfonos móbiles das empregadas. Acto seguido fuxiron do lugar.

Os dous homes, levaban roupa deportiva, un deles coa cara totalmente tapada e o outro cubría parte dela cunha gorra. Desde ese momento, a Policía Nacional inicia un dispositivo polos arredores da sucursal co obxectivo de localizar a estes dous homes.

Así, na noite do mércores produciuse a detención dun deles, que pasou a disposición xudicial, e continuan as xestións para localizar ao outro autor do roubo. xudicial. O corpo investiga a relación de feitos anteriores, nos que puidese participar o detido, tendo constancia de que se trata da mesma persoa que, hai uns días, na localidade de Redondela, comete un roubo con violencia e intimidación con arma de fogo nunha discoteca. Deste feito xa foron detidos os outros dous autores.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...