InicioSociedadeIngresan en prisión dous detidos que atracaron unha sucursal bancaria de Vigo...

Ingresan en prisión dous detidos que atracaron unha sucursal bancaria de Vigo o venres

Os feitos ocorreron sobre as 14,15 horas do venres, cando dous individuos entraron nunha oficina de Abanca da rúa Ricardo Mella, en Coruxo, coa cara cuberta con medias e lentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de Instrución número 4 de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza de dous homes que foron detidos o pasado venres tras atracar unha sucursal bancaria da cidade olívica.

Segundo informaron fontes xudiciais, ambos están investigados por un delito de tentativa de roubo en establecemento aberto ao público, coas agravantes de uso de instrumento perigoso e disfrace.

O xulgado acordou o seu ingreso en prisión “por risco de fuga e reiteración delituosa”. As mesmas fontes sinalaron que ambos teñen antecedentes non computables, xa que están cancelados, por un atraco a unha entidade bancaria en 2014.

Con todo, “hai sospeitas e indicios” da súa posible participación noutros dous atracos, cometidos en 2021 e 2022, polos que se están instruyendos senllos procedementos nos xulgados de instrución 1 e 6 de Vigo.

O xulgado de Instrución 4 remitirá a eses outros dous xulgados as dilixencias con motivo desta última detención para que valoren o que proceda.

Así mesmo, este luns prestaron declaración en sede xudicial como testemuñas dous empregados da sucursal onde se cometeu o roubo o pasado venres e o xulgado está agora pendente dos informes de tóxicos dos investigados (xa que ambos son consumidores de droga), informe de balística da arma que levaban e ofrecemento de accións a Abanca.

ATRACO CO ROSTRO CUBERTO E ARMADOS

Os feitos ocorreron sobre as 14,15 horas do venres, cando dous individuos entraron nunha oficina de Abanca da rúa Ricardo Mella, en Coruxo, coa cara cuberta con medias e lentes.

Segundo informou entón a Policía Nacional, un dos atracadores levaba un arma de fogo e o outro, un coitelo. No momento do asalto había tres persoas na sucursal. A Policía detívoos pouco despois e logrou recuperar o botín.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...