InicioSucesosDeteñen un veciño de Vigo acusado por facer cargos co cartón doutra...

Deteñen un veciño de Vigo acusado por facer cargos co cartón doutra persoa por valor de 1.200 euros

Segundo informou o Instituto Armado, a investigación iniciouse por mor da denuncia interposta pola vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil de Cambre.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Equipo@coruña de Asesoramento Prevención e Resposta contra a Ciberdelincuencia da Comandancia da Garda Civil da Coruña detivo a un veciño de Vigo como presunto autor dun delito de estafa e outro de falsidade documental por realizar cargos co cartón doutra persoa por valor de 1.200 euros.

Segundo informou o Instituto Armado, a investigación iniciouse por mor da denuncia interposta pola vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil de Cambre. Nela comunicaba a realización de cargos non autorizados na súa conta bancaria por un importe total de 1.200 euros.

Así, a Garda Civil investigou os feitos para tratar de constatar a súa veracidade e identificar o autor ou autores no seu caso. Deste xeito, os axentes pescudaron que o agora detido conseguira os datos do cartón bancario da vítima, utilizándoos para abrir unha conta cunha identidade falsa nunha plataforma intermediaria de pagos, realizando a través da mesma os pagos de produtos tecnolóxicos comprados en liña.

Tras a análise da información solicitada, os axentes que interviñeron no operativo lograron a identificación plena do presunto autor dos ilícitos, un home con domicilio na cidade de Vigo.

A continuación, procederon á detención desta persoa como presunto autor dun delito de estafa e outro de falsidade documental, póndoo, xunto coas actuacións realizadas, a disposición do Xulgado de Instrución de garda da Coruña.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...