InicioSucesosSegue a espera sobre o informe arredor da causa do incendio de...

Segue a espera sobre o informe arredor da causa do incendio de Vigo mais os indicios apuntan a fallo eléctrico

Veciños do edificio trasladaron a hipótese de que o lume fora intencionado, e ademais apuntaron directamente a un home que vivira no inmoble, pero que foi botado por "conflitivo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O incendio dun edificio de Vigo onde faleceron catro persoas, unha muller e tres menores, na madrugada do 11 de outubro, continúa á espera dun informe para determinar a súa causa.

Así o trasladou leste o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a preguntas dos medios de comunicación indicando que “parece que os indicios apuntan a que puido ser debido a un problema fundamentalmente eléctrico“, pero dixo que falta ese “informe definitivo co que se dará o resultado final”.

Veciños do edificio, que conseguiron saír ilesos, trasladaron naquel momento aos xornalistas desprazados a hipótese de que o lume fora intencionado, e ademais apuntaron directamente a un home que vivira no inmoble, pero que foi botado por “conflitivo”.

O incendio produciuse sobre as 4,00 da madrugada do pasado 11 de outubro e o 112 alertou a urxencias sanitarias-061, Bombeiros de Vigo, Policía Nacional e Policía Local. Ademais foron mobilizados psicólogos do Grupo de Intervención de Catástrofes e Emerxencias.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...