InicioSucesosDetido un home por agredir á súa nai e a un tío...

Detido un home por agredir á súa nai e a un tío del en Vigo

Segundo informou o corpo de seguridade, ás 16,10 horas deste martes recibiron unha chamada que alertaba dunha "forte discusión" nun piso na Avenida de Fragoso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A policía local de Vigo detivo a un mozo de 27 anos este martes tras ameazar e golpear á súa nai e ao seu tío, irmán da súa nai, na vivenda que compartían na cidade olívica.

Segundo informou o corpo de seguridade, ás 16,10 horas deste martes recibiron unha chamada que alertaba dunha “forte discusión” nun piso na Avenida de Fragoso.

Alí, os axentes falan coa alertante, a nai do novo, que lles relata que minutos antes, o seu fillo de 27 anos, moi alterado, quería que o seu tío de 73 anos (irmán dela)/dela), co que convivían, abandonase o domicilio.

Debido ao elevado ton da discusión, detalla a muller, o mozo botouse sobre o seu tío. Nese momento, a nai interponse e é abaneada e golpeada polo seu fillo, chegando a tirala ao chan.

A continuación diríxese ao seu tío pegándolle patadas, puñadas, chegando este a poder zafarse dos golpes do seu sobriño e saír do domicilio. Nese momento, o mozo colle un coitelo e ameaza ao seu tío, co fin de que non volva entrar no inmoble, rompendo parte do mobiliario do piso (portas, cristais) con patadas e puñadas.

Os axente escoitan a versión dos feitos dada pola nai co mozo diante, que recoñece que é “tal cal indica a súa nai”. Por estes feitos, procédese á detención do mozo por un suposto delito de Violencia no Ámbito Familiar.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...