InicioVigo e contornaVigoVigo mantén as súas opcións para ser sede do Mundial 2030 segundo...

Vigo mantén as súas opcións para ser sede do Mundial 2030 segundo o alcalde Abel Caballero

O alcalde lamentou que a portavoz do PP local, Marta Fernández-Tapias "decidiu que Vigo está descartado". "Non quere que sexa sede, iso é o que pasa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que a cidade mantén as súas opcións para ser sede dalgún dos partidos do Mundial de Fútbol de 2030, que terá lugar en España, Portugal e Marrocos, e, tras asegurar que o proxecto vigués é “moi sólido”, acusou ao PP local e ao seu portavoz municipal, Marta Fernández-Tapias, de oporse.

O rexedor olívico mostrou a súa satisfacción pola adxudicación da celebración deste macroevento deportivo á candidatura presentada por España, Portugal e Marrocos (aínda que os partidos inaugurais serán en Sudamérica), e lembrou que “agora vén a seguinte fase”, é dicir, haberá que decidir, en 2024, que estadios en España albergan partidos.

“Nós mantemos con toda a forza a opción de Vigo (…) sabemos que é un proxecto moi sólido, consistente, ten garantías totais de bo funcionamento”, recalcou Abel Caballero, que insistiu en que a cidade pelexará por ser sede “ata o final”.

Con todo, o alcalde lamentou que Marta Fernández-Tapias “decidiu que Vigo está descartado”. “De onde sacou iso, que Vigo non é unha boa opción? Non quere que sexa sede, iso é o que pasa. Están tan obsesionados que todo o que sexa bo para a cidade, eles van estar enfronte”, criticou.

RESPOSTA DO PP

Pola súa banda, o grupo municipal do PP matizou que Fernández-Tapias fixo unhas declaracións nunha entrevista en Onda Cero, na que o xornalista recoñecía que “todo apunta” a que Vigo quedará fóra das sedes elixidas.

A resposta da portavoz ‘popular’ foi que “non está confirmado ao cento por cento, pero todo apunta” e sinalou que “é unha pena”. Segundo engadiu, se o estadio municipal de Balaídos estivese “en condicións”, quizá “fose outra cousa” ou se non se esperou ” 8 anos para facer unha bancada”.

O PP de Vigo pediu a Abel Caballero “que deixe de facer interpretacións e manipulacións interesadas” sobre a posición deste grupo con respecto á candidatura para ser sede do Mundial, e lembrou que foi o propio alcalde é que “asegurara que Vigo ía ser sede”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...