InicioVigo e contornaVigoA FAO pide á industria pesqueira que "traballe xunta" para conseguir a...

A FAO pide á industria pesqueira que “traballe xunta” para conseguir a “transformación azul”

A directora adxunta da División de Pesca e Acuicultura da Organización das Nacións Unidades para a Agricultura e a Alimentación (FAO), Beira Agostini, "quero deixarlles ese pensamento. A transformación azul require que todos traballemos xuntos. Non se consegue sós".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A directora adxunta da División de Pesca e Acuicultura da Organización das Nacións Unidades para a Agricultura e a Alimentación (FAO), Beira Agostini, pediu este luns en Vigo á industria pesqueira que “traballe xunta” para conseguir a “transformación azul” do sector.

Así o dixo na clausura do 11º Congreso Internacional Conxemar-FAO celebrado na sede de Afundación de Vigo, onde Agostini puxo o foco na importancia de que as diferentes compañías e organizacións do sector transformador de produtos do mar leven a cabo alianzas para avanzar na sustentabilidade, tanto ambiental, como social e económica.

“Quero deixarlles ese pensamento. A transformación azul require que todos traballemos xuntos. Non se consegue sós”, subliñou Agostini, engadindo que tamén a colaboración público-privada é importante para iso.

Na súa intervención final, ela agradeceu tanto ao Concello de Vigo, como á Xunta de Galicia e ao Goberno de España o seu “apoio continuo” para acoller este Congreso.

Ademais, mostrou o seu entusiasmo por vir por primeira vez á cidade olívica e pola boa organización do evento a cargo da Asociación Española de Almacenistas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Produtos da Pesca e Acuicultura (Conxemar).

Precisamente o presidente de Conxemar, Eloy García, concluíu o acto, esperando que todos os presentes gozasen do cinco mesas redondas expostas na xornada, que se centrou na Transformación Azul do sector.

García avanzou que o ano que vén presentarase o Informe SOFIA, que estuda a situación global dos recursos pesqueiros cunha periodicidade bienal, esperando que se poida dar a coñecer no Congreso de Vigo.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...