InicioEconomíaA CIG denuncia que DomusVi quere "perseguir traballadores de baixa" mediante un...

A CIG denuncia que DomusVi quere “perseguir traballadores de baixa” mediante un servizo médico privado

Segundo datos do sindicato, "ningunha das residencias" respecta os cocientes de persoal establecidos pola lexislación actual, o que explica en boa parte as baixas dos traballadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG-Servizos alertou de que a empresa dedicada a coidados de persoas maiores DomusVi pretende implantar un servizo médico privado nas súas residencias co “único” obxectivo “vixiar e perseguir aos traballadores que permanezan de baixa médica”.

Nun comunicado, o sindicado indicou que será a compañía Geseme Médicos, con sede en Barcelona, a que se encargará do seguimento das baixas médicas dos empregados.

“Pero este modelo médico-policial non vai solucionar nin moito menos a problemática das residencias privadas de terceira idade, que é a sobrecarga de traballo, tanto física como mental, que padecen os traballadores do sector“, criticou a CIG.

Segundo os seus datos, “ningunha das residencias” respecta os cocientes de persoal establecidos pola lexislación actual, o que explica en boa parte as baixas dos traballadores.

A patronal lembrou que leva meses reclamando a equiparación dos cocientes coas residencias que xestiona directamente a Xunta, xa que a carga de traballo “debe ser a mesma tanto nunha residencia privada como pública”.

A CIG rexeitou este “modelo privatizador” que representa o novo servizo médico, ao consideralo “abusivo e inquisitorio”, polo que vixiará e fará fronte a “calquera irregularidade”.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...