InicioSociedadePersoal laboral de Política Social pide a separación de usuarios con doenzas...

Persoal laboral de Política Social pide a separación de usuarios con doenzas mentais e a incorporación de máis persoal

O "gran problema" que na actualidade teñen as residencias é que nelas, ademais de anciáns, tamén se ingresan pacientes con patoloxías psiquiátricas ou adiccións

PUBLICADO O

- Advertisement -

Persoal laboral da Consellería de Política Social en Pontevedra concentrouse este xoves en Vigo para pedir máis profesionais para os centros de maiores e unha separación de pacientes con patoloxías psiquiátricas.

Tal como reivindicou a presidenta do comité na provincia de Pontevedra, María Luisa Alonso (CIG), o “gran problema” que na actualidade teñen as residencias é que nelas, ademais de anciáns, tamén se ingresan pacientes con patoloxías psiquiátricas ou adiccións.

Para ela, os pacientes psiquiátricos están “moi mal atendidos” nestas instalacións, xa que non dispoñen de profesionais como psiquiatras para tratalos. Ademais, reducen o benestar dos maiores, xa que se rexistraron roubos nalgúns centros e mesmo unha agresión sexual a unha traballadora nun centro de Vigo.

“Non hai persoal con formación para estas patoloxías. Para un ancián as súas pertenzas son o máis sacro e rexistráronse roubos. Nos últimos meses da súa vida con esta angustia, con persoas máis novas, con forza, pensamos que non poden compartir espazo”, subliñou Alonso en declaracións aos medios de comunicación.

Por iso, solicitou unha división de pacientes e máis persoal para os centros que, segundo ela, atópanse cuns cocientes de empregados e usuarios “moi curtos”, xa que en moitas ocasións non se substitúe o persoal que falta ou as reducións de xornadas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...