InicioSucesosUn letrado da administración de xustiza acepta un ano de cadea por...

Un letrado da administración de xustiza acepta un ano de cadea por apropiarse de 241.000 euros dun xulgado

Os feitos recoñecidos polos procesados e recolleitos no escrito de acusación da Fiscalía ocorreron entre 2019 e 2021, cando este funcionario desempeñaba o seu labor nun xulgado de primeira instancia da cidade olívica.

PUBLICADO O

Un letrado da administración de xustiza (LAJ) acusado de apropiación indebida por subtraer 241.000 euros do xulgado de Vigo no que traballaba, aceptou un ano de prisión e 360 euros de multa na vista de conformidade celebrada este xoves na sección quinta da Audiencia provincial de Pontevedra con sede en Vigo.

Francisco R.G. foi condenado por un delito continuado de apropiación indebida e aplicar as circunstancias atenuantes de reparación do dano (devolveu parte do diñeiro), drogadicción e confesión, así como a agravante de abuso por parte de funcionario público.

Ademais da pena de prisión e da multa, Francisco R.G. será inhabilitado, aínda que xa está xubilado, e deberá abonar algo máis de 28.000 euros para completar a devolución do diñeiro subtraído. Inicialmente, a Fiscalía pedía para el 4 anos de prisión e outros tantos de inhabilitación.

O tribunal mostrouse favorable á suspensión da pena durante un período de cinco anos, a condición de que nese tempo o procesado non volva delinquir, devolva o diñeiro que lle falta por repor e acuda a desintoxicación ao seu centro de referencia.

Nesta vista tamén aceptaron penas menores (6 meses de prisión) dúas dos seus cómplices, Ventura M.P., e Xabier D.P., que tamén evitarán o ingreso no cárcere. No seu caso, a execución da pena queda suspendida por 2 e 5 anos respectivamente. Un cuarto acusado non se presentou ao xuízo.

APROPIACIÓN DO DIÑEIRO DA CONTA DO XULGADO

Os feitos recoñecidos polos procesados e recolleitos no escrito de acusación da Fiscalía ocorreron entre 2019 e 2021, cando este funcionario (antes denominados secretarios xudiciais) desempeñaba o seu labor nun xulgado de primeira instancia da cidade olívica.

Así, “abusando do seu cargo e das súas funcións”, e posto de acordo con outro tres persoas nun “plan preconcibido”, expediu de forma irregular “e sen amparo nin causa legal nin xustificación algúns” diferentes mandamentos de devolución desde a conta bancaria do xulgado, en favor dese tres persoas, tamén acusadas e consideradas pola Fiscalía cooperadoras necesarias do delito.

No escrito de acusación recóllese que este secretario xudicial expediu mandamentos de pago a un dos acusados que sumaron uns 33.240 euros; en favor doutro, os pagos sumaron case 135.000 euros; en favor doutro acusado, expediu mandamentos de pago que sumaron 30.061 euros; outros case 32.000 euros en favor da irmá dun dos acusados; e outros mandamentos de pago en favor de persoas da contorna dos procesados por máis de 10.700 euros. En total, a Fiscalía estima que este LAJ apropiouse de case 241.000 euros, aínda que xa devolveu uns 170.000 euros.

ÚLTIMAS

Condenados a 5 e 4 anos de cárcere os dous acusados de dar unha malleira a dous mozos na rúa Hernán Cortés de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou aos...

Máis de mil vigueses xa teñen representación no caso do Cártel dos Coches con 40.000 afectados en Galicia

A oficina de Vigo do despacho BGI LAW representa xa a máis de 1.000...

Novo desencontro entre traballadores de Vitrasa e a empresa que non cede a reitirar os expedientes contra traballadores

A reunión celebrada este luns entre o comité de empresa e a dirección de...

A Xunta apura ao novo ministro de Cultura para axilizar o proxecto da Biblioteca do Estado en Vigo

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, trasladou ao novo ministro...