InicioSucesosDeteñen un home en Vigo logo de ameazar cun coitelo á súa...

Deteñen un home en Vigo logo de ameazar cun coitelo á súa parella que lle recriminou chegar ebrio á casa

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste martes, cando unha muller chamou ao 092 para alertar de que o seu marido a estaba ameazando, no seu domicilio da rúa Fotógrafo Xaime Pacheco.

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo detivo a un veciño da cidade, I.R.M., de 51 anos de idade, como suposto autor dun delito de violencia de xénero, tras ameazar á súa parella cun coitelo de cociña.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste martes, cando unha muller chamou ao 092 para alertar de que o seu marido a estaba ameazando, no seu domicilio da rúa Fotógrafo Xaime Pacheco.

Cando chegaron os axentes, a muller explicou que se atopaba durmindo na súa habitación cando chegou á vivenda o seu marido, “en estado de embriaguez, moi alterado e agresivo”. Segundo relatou, o home comezou a insultala a berros cando ela lle recriminou polo estado no que se atopaba, e colleu un coitelo co que a ameazou de morte, antes de irse do domicilio.

A vítima sinalou aos axentes que este tipo de episodios son habituais por parte da súa parella, pero que nunca antes o denunciou.

A Policía localizou ao suposto agresor nas inmediacións e, cando foi identificado e preguntado polo sucedido, alegou que só tivera unha discusión coa súa muller. Ao proceder á súa detención, o home reaccionou de modo violento, tentado autolesionarse e chegando a golpearse a cabeza contra o cristal do coche patrulla e contra as paredes.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...