InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero asegura que máis de 600.000 persoas asistiron aos concertos deste...

Abel Caballero asegura que máis de 600.000 persoas asistiron aos concertos deste verán en Castrelos

O alcalde de Vigo engadiu que o goberno municipal traballa xa na programación para o verán próximo que, "será o mellor".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance este xoves do programa de concertos dese verán no Auditorio Municipal de Castrelos, que cualificou como “un éxito” e cifrou en máis de 600.000 persoas a asistencia a estas actuacións.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor valorou que o programa de concertos foi de “altísima calidade” e repasou o elenco de artistas e grupos que se subiron ao escenario de Castrelos desde o inicio do verán, ata as últimas horas (cando tivo lugar o concerto de Beret).

Caballero recoñeceu que “é moi complicado calcular” o número de asistentes aos ‘shows’, pero asegurou que estivo “por encima dos 600.000”. Segundo engadiu, o goberno municipal traballa xa na programación para o verán próximo que, do mesmo xeito que este ano, “será o mellor”.

Polo auditorio municipal pasaron, desde o 8 de xullo, Andrés Calamaro, David Bisbal, Pablo López, Alejandro Sanz, a Coral Casabranca, Bad Gyal, Ana Mena, David Guetta (cunha asistencia de máis de 120.000 persoas, segundo o alcalde) e Beret, ademais de 5 espectáculos para público infantil.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...