InicioAs médicas que asistiron no accidente das festas de Cangas tiveron que...

As médicas que asistiron no accidente das festas de Cangas tiveron que ir en taxi, denuncia a CIG

O Sergas limitouse a explicar que cando ocorreu o accidente o 061 recibiu o aviso e, "seguindo os protocolos establecidos", mobilizouse ao "equipo facultativo e enfermeiro máis próximo ao momento" para realizar "unha primeira valoración".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CIG denunciou este mércores que a asistencia no accidente ocorrido o pasado luns nas festas de Cangas, cando se produciu un desprendemento nunha fachada e varias persoas resultaron feridas, fíxose cun equipo “incompleto” debido á falta de ambulancias e que as dúas médicas que se trasladaron ao lugar tiveron que facelo en taxi.

Segundo explicou a central nacionalista a través dun comunicado, cando ocorreu o accidente no PAC había dous médicos en lugar de tres pola ausencia dunha facultativa, e engadiu que “o feito de que non houbese nin unha soa ambulancia desocupada” obrigou a mobilizar ao persoal médico en taxi.

Se se puidese contar coas ambulancias, sinalaron, habería catro médicos, en lugar de dous, para atender ás 5 persoas que resultaron feridas.

“A falta de ambulancias na zona fixo que a asistencia se realizase por un equipo totalmente incompleto de Soporte Vital Avanzado, posto que non se puido contar cos dous sanitarios da ambulancia nin co material co que contan os vehículos do 061, tendo así que afrontar inicialmente a asistencia co material que se pode transportar en taxi e coa colaboracióbn da Policía e Protección Civil”, denunciou o sindicato.

A CIG recalcou que “o feito de que o 061 tivese que mobilizar unha ambulancia desde Mos”, pon de manifesto “a necesidade de aumentar o número de ambulancias na zona”, e volveron a reclamar un vehículo máis con base en Cangas.

Finalmente, volveron a sinalar que o Consello de Contas reflicte nun informe que os tempos de resposta das ambulancias do 061 superan o recomendado, unha afirmación que o propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, negou.

RESPOSTA DO SERGAS

Pola súa banda, ante esta denuncia, o Sergas limitouse a explicar que cando ocorreu o accidente o 061 recibiu o aviso e, “seguindo os protocolos establecidos”, mobilizouse ao “equipo facultativo e enfermeiro máis próximo ao momento” para realizar “unha primeira valoración”.

Neste caso, o equipo sanitario da PAC de Cangas, “co obxectivo de axilizar a atención dos pacientes en situación de emerxencia”, desprazouse á zona “no medio de transporte máis adecuado”, como establece a Guía de Mobilización de Recursos do Sergas.

Sanidade sinalou que este equipo de facultativo e enfermeiro realizou a valoración clínica dos afectados, informando á Central de Coordinación dunha paciente que requiría traslado a un hospital e outro catro pacientes que, polo seu estado, non necesitaron ser trasladados pola rede de transporte sanitario urxente.

“De acordo coa valoración clínica, desde a Central de Coordinación do 061 Galicia mobilizouse a ambulancia de soporte vital avanzado medicalizada de Mos, que trasladou á paciente a Povisa”, engadiron fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

O home que obrigou a desaloxar as instalacións da Cidade da Xustiza tras baleirar un extintor, enfróntase a 2 anos de cárcere

O home que, en outubro de 2023, baleirou un extintor nun xulgado de Vigo...

O Concello de Vigo envía cinco bombeiros e dous vehículos para axudar ás vítimas da DANA

Cinco efectos do corpo de Bombeiros de Vigo e dous vehículos, un deles con...

A viguesa Seadrone construirá un vehículo non tripulado de superficie para a Armada

A compañía viguesa Seadrone adxudicouse a construción dun vehículo non tripulado de superficie para...

Piden dous anos de cárcere a un xefe en Vigo por acoso sexual a unha empregada con discapacidade psíquica

Un empresario, administrador dunha mercantil de servizos informáticos de Vigo, enfróntase a 22 meses...