InicioSucesosUn mozo queda atrapado nun muro nas Illas Cíes

Un mozo queda atrapado nun muro nas Illas Cíes

Resultou ferido nas pernas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo foi rescatado polo helicóptero Pesca-I ao quedar atrapado nun muro nas Illas Cíes, segundo informa o 112 no seu parte de incidencias.

O home resultou ferido nas pernas e foi necesaria a intervención do helicóptero de Gardacostas de Galicia para rescatalo. Posteriormente, foi trasladado na aeronave ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Os feitos sucederon no Faro do Peito, uns minutos despois das 19.00 horas do xoves. Foi nese momento cando o 112 Galicia recibiu a alerta da situación do mozo a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A partir de aí, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Policía Local e de Protección Civil de Vigo.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...