InicioEconomíaHermasa lidera por segunda vez o ranking de empresas intelixentes de Zona...

Hermasa lidera por segunda vez o ranking de empresas intelixentes de Zona Franca de Vigo

O Celta de Vigo está en segunda posición

PUBLICADO O

A compañía viguesa Hermasa, especialista en maquinaria para o sector conserveiro, situouse por segunda vez na primeira posición do ranking de empresas intelixentes do Consorcio da Zona Franca de Vigo, despois de conseguilo xa en 2021.

Tal como reivindicou a entidade, que fixo públicos os datos da quinta edición desta lista baixo o título ‘Camiñando cara a un capitalismo inclusivo’, a firma destaca en innovación, internacionalización e prácticas ambientais.

Para Zona Franca, unha empresa intelixente é aquela que demostrou unha capacidade excepcional para integrar os intereses de propietarios, traballadores, clientes, provedores e comunidade en xeral, o que se denomina stakeholders, e isto convértese nun factor crave para a súa sustentabilidade e resilencia.

“En tempos de crises, as empresas intelixentes mostran unha capacidade rápida de adaptación e aproveitan as oportunidades que xorden”, afirmou o coautor do ranking Xosé H. Vázquez, que o elaborou xunto a Pablo Arocena, da Universidade Pública de Navarra.

O estudo baséase nunha metodoloxía que non introduce elementos subxectivos, nin opinións. No ranking hai 13 empresas da provincia da Coruña, 11 da provincia de Pontevedra, unha empresa de Lugo e ningunha de Ourense.

Destaca o documento que o resultado é un ranking de pemes galegas cuns resultados económicos envexables, pero que ao mesmo tempo internalizan na súa xestión os intereses dun diverso grupo de stakeholders que empuxan a xestión diaria máis aló da estrita maximización do beneficio.

“Desde a nosa empresa fixemos sempre unha gran aposta pola innovación, e por dar a mellor atención aos nosos clientes, presentes en todo o mundo. Para iso, contamos cun gran equipo de profesionais que fai que sexa posible”, indicou a presidenta de Hermasa, Sara Rodríguez.

Con sede en Vigo desde a súa fundación en 1972 polos irmáns Rodríguez Gómez, Hermasa comezou nunha contorna onde o sector conserveiro xa representaba unha das súas principais actividades, centrándose inicialmente en cocederos e empacadoras de sardiñas. Coa difusión do consumo de túnidos, aos poucos diversificouse a gama de produtos ata conformar hoxe en día unha carteira capaz de abarcar todo o sector conserveiro, segundo explica Zona Franca.

Nos primeiros postos da lista a Hermasa séguena o Real Club Celta de Vigo, Torus Software Solutions, Marine Instruments e Reganosa Servizos. Tras elas están Corunet, Galventus Servizos Eólicos, NT For Learning, CTAG-Idiada Safety Technology, Corporación Noroeste, Showa Denko Carbon Spain, Grupo Plexus Tech, Alumatic Norte, Netun Solutions, Garaysa Montaxes Eléctricas, Lonza Biologics Porriño, Talleres Gumerjo, Mestrelab Research, Atlas Bus, Arce Clima Sistemas e Aplicacións, Distrito K, Alibos Galicia, Queizuar, Actega Artística e Igalia.

ÚLTIMAS

Encontran o cadáver desmembrado dunha muller dentro dunha maleta nun solar de Vigo

Un home achou na tarde deste xoves un cadáver en avanzado estado de descomposición,...

Dúas persoas trasladadas ao hospital por un incendio nun edificio en Nigrán

Dúas persoas foron trasladadas, unha delas con queimaduras, tras producirse un incendio, que se...

A xestora do PP de Vigo promete unha “transición modélica” cun partido “unido”

A xunta xestora que asumirá as rendas do PP de Vigo tras a renuncia...

A Xunta destinará 1,8 millóns de fondos europeos facer do Mosteiro de Oia un gran establecemento turístico

Case dous millóns a facer do Mosteiro de Oia un gran establecemento turístico no Camiño...