InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero elude aclarar se houbo acordo previo no concurso público para...

Abel Caballero elude aclarar se houbo acordo previo no concurso público para patrocinar o concerto de Guns N Roses

Segundo o alcalde de Vigo, o concurso foi "aberto" e púidose presentar toda aquela empresa que o considerase oportuno.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este xoves que a convocatoria do concurso público para patrocinar o concerto de Guns N Roses tramitouse “como os técnicos do Concello dixeron” e eludiu responder as preguntas dos medios sobre se, tal e como mantén a promotora do evento, existía un acordo previo á convocatoria do devandito concurso, para a organización dese concerto, co compromiso de ceder o estadio municipal e dar un apoio económico.

Nunha rolda de prensa, a primeira convocada polo rexedor olívico desde hai semanas, Abel Caballero respondeu ás preguntas dos xornalistas lembrando que o Concello convocou un concurso público para patrocinar con case 2 millóns de euros un concerto dun grupo internacional (a convocatoria, como é lóxico, non puña que se tratase de Guns N Roses, aínda que as condicións do contrato eran moi concretas e, segundo denunciouse por parte da oposición e doutros axentes, parecían expresamente destinadas á promotora que organizaba ese evento).

Segundo Caballero, o concurso foi “aberto” e púidose presentar toda aquela empresa que o considerase oportuno. O certo é que soamente unha produtora optou a levar ese patrocinio, precisamente unha empresa local asociada coa promotora Live Nation, que organiza en España os concertos de Guns N Roses.

Finalmente, o concurso foi declarado deserto porque a Mesa de Contratación considerou que a única licitadora non cumprimentara adecuadamente a documentación que se lle requiriu. “O que crea que ten recursos legais para defender os seus dereitos pode exercitalos”, subliñou o alcalde.

Preguntado se é certo, como argumenta a promotora (que ameazou con denunciar ao Concello), que houbo unha reunión e un compromiso previo ao concurso para patrocinar o evento a esa empresa organizadora, Abel Caballero limitouse a afirmar que xa contestara. De feito, ante os intentos de varios xornalistas por aclarar esta e outras cuestións, o rexedor resolveu a cuestión evitando máis preguntas e aseverando: “Isto non é un diálogo, é unha rolda de prensa”.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...