InicioSucesosUnha muller morta en Vigo tras sufrir un atropelo por un autobús...

Unha muller morta en Vigo tras sufrir un atropelo por un autobús urbano

O alertante foi o propio condutor do autocar para indicar que atropelara a esta persoa que permanecía atrapada debaixo do vehículo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller morreu na tarde deste martes en Vigo, na Estrada do Freixo, tras ser atropelada por un autobús urbano do que acababa de baixarse.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu pasados uns minutos das 17,00 nun lugar próximo ao cemiterio de Valadares. O alertante foi o propio condutor do autocar para indicar que atropelara a esta persoa que permanecía atrapada debaixo do vehículo.

Seguidamente, a central de emerxencias puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos bombeiros de Vigo, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Os bombeiros, cando chegaron ao lugar, indicaban que a muller atropelada estaba liberada e accesible, pero os servizos médicos non puideron facer nada por salvarlle a vida.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...