InicioSociedadeZona Franca de Vigo aproba nomear a Ana Mejías substituta de Regades...

Zona Franca de Vigo aproba nomear a Ana Mejías substituta de Regades mentres non haxa novo delegado ou delegada

Na reunión tamén se aprobaron varios acordos, como a adxudicación do proxecto do aparcadoiro de camións da Balsa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité executivo da Zona Franca de Vigo acordou este venres nomear a Ana Mejías, como vogal do Estado, substituta de David Regades, que hoxe presidiu a súa última reunión como delegado, mentres non se designe a un novo delegado ou delegada do Estado no organismo (despois das eleccións do 23 de xullo).

Na reunión tamén se aprobaron varios acordos, como a adxudicación do proxecto do aparcadoiro de camións da Balsa, ao Sur da ligazón da Balsa da VG-20 e próximo a Balaídos, tras a declaración de interese autonómico. As empresas Proyfe e Calixto Escariz encargaranse da redacción do proxecto de interese autonómico (PIA), dos proxectos de expropiación e urbanización, e da dirección facultativa das obras.

O comité executivo tamén deu luz verde ao convenio co Concello de Vigo para o desenvolvemento dun proxecto piloto de integración da sede do Consorcio na rúa Areal e do Centro Comercial A Laxe no marco da ‘Convocatoria do Plan Nacional de territorios intelixentes da axenda dixital para España. Pilotos de edificios intelixentes’.

Tamén se aprobou o convenio coa Cámara Oficial de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa para a execución de accións de Promoción Comercial Exterior dentro do Programa do Plan Internacional de Promoción da Cámara de Comercio de España, en concreto para accións na feira Conxemar e nunha misión inversa de compradores europeos de subcontratación industrial.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...