InicioSociedadeProfesorado do IES Audiovisual de Vigo non queren a conversión nun CIFP:...

Profesorado do IES Audiovisual de Vigo non queren a conversión nun CIFP: “Supón un detrimento na calidade”

"A conversión nun CIFP supón un detrimento do ensino e das prácticas profesionalizantes que contan cun notable éxito con catro premios nacionais que os avalan", din desde o IES.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Docentes do IES Audiovisual de Vigo rexeitaron este martes a súa conversión nun Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) ao entender que isto suporía “un detrimento na calidade do ensino e das prácticas”.

Nun comunicado, o claustro informou de que, tras decatarse da decisión “unilateral” da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades de converter o instituto nun CIFP, a dirección convocou unha reunión de todo o profesorado para abordar o tema xa que implica, ao seu xuízo, “cambiar radicalmente o traballo formativo do alumnado dos ciclos que alí se imparten”.

“A conversión nun CIFP supón un detrimento na calidade do ensino e das prácticas profesionalizantes que con notable éxito leva realizando desde hai máis de 10 anos, con catro premios nacionais que os avalan e con felicitacións por parte do tecido empresarial do sur de Galicia e da propia Consellería”, reivindicaron os profesores.

Así, aseguraron estar nunha situación de “indefensión” ante as decisións “arbitrarias” da Xunta. “Proba diso é a concesión dun ciclo a distancia, trátase de Realización de Audiovisuais, que a directiva non pediu e hoxe nun correo enviado polo seu director aos profesores afirma que é un erro”, argumentaron.

“Desde o IES Audiovisual de Vigo sempre se transmitiu á Administración educativa, con argumentos sólidos, todas as desvantaxes que esta transformación levaría consigo con respecto á calidade da formación que se oferta nesta familia profesional en concreto”, reivindicaron.

Por todo iso, lamentaron a decisión da Consellería de comunicar esta decisión o mesmo día que se fixo pública nos medios de comunicación, pondo o foco en que algunhas actividades que agora se realizan non poderán facerse, como curtametraxes ou espectáculos, porque levan a cabo fóra dos espazos do centro e en horario non lectivo.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...