InicioSociedadePais vigueses enfróntanse a unha multa por abandono escolar ao querer que...

Pais vigueses enfróntanse a unha multa por abandono escolar ao querer que as fillas estudaran “on line” en EE.UU.

Fiscalía pídelles 6.000 euros por quitalas do colexio para que seguiran un programa dun centro non homologado de California.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal número 1 de Vigo xulgará este xoves, día 25 de maio, a uns pais de Vigo acusados dun delito de abandono de familia ao educar ‘en liña’ ás súas fillas, que deixaron o colexio sen previo aviso e comezaron a recibir clases telemáticas dunha academia de Estados Unidos.

Para eles, Fiscalía solicita unha multa de 6.000 euros (3.000 euros por cada proxenitor), despois de que en xaneiro de 2022 decidisen, sen previo aviso ao centro escolar, que as súas fillas abandonasen os estudos e comezasen a atender clases ‘en liña’ dunha escola de California.

Tal como indica o Ministerio público no seu escrito de acusación, foi o colexio estadounidense quen se puxo en contacto co centro vigués para solicitar os expedientes das nenas, que cursaban segundo e sexto de primaria e, días despois, os pais solicitaron a baixa das súas fillas no colexio.

Con todo, o director do CEIP envioulles un documento indicando a non era procedente esa baixa, por ser a escolaridade de carácter obrigatorio e non ser a academia americana un centro autorizado.

A pesar de que levaron a cabo varias reunións entre profesores e proxenitores, onde se explicou a necesidade de que as nenas asistisen a clase, os pais continuaron sen levalas ao colexio.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...