InicioSucesosArde un camión en Redondela e obriga a cortar momentaneamente a circulación...

Arde un camión en Redondela e obriga a cortar momentaneamente a circulación na N-550

O sinistro quedou á altura do punto quilométrico 138.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O incendio dun camión en Redondela (Pontevedra) obrigou a cortar momentaneamente o tráfico na N-550, debido ao risco que supuña a presenza dalgunhas bombonas de butano, aínda que non se rexistraron feridos.

Segundo informou o CIAE 112-Galicia, os feitos ocorreron pouco despois das 16,00 horas, cando un particular chamou a Emerxencias para informar de que un camión que transportaba chatarra estaba a arder pola súa banda traseira na N-550, á altura do punto quilométrico 138.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) púxose a incidencia en coñecemento dos bombeiros do Morrazo e do Porriño, do GES de Mos, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Nacional e da Policía Local de Redondela. No operativo tamén participaron membros de Protección Civil de Redondela, e o servizo de mantemento da estrada.

Unha vez no lugar, os efectivos alertaron de que o camión transportaba algunhas bombonas de butano, polo que se interrompeu a circulación neste punto da estrada mentres duraron as tarefas de extinción.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...