InicioSucesosUn incendio nunha vivenda en Vigo obriga a dar asistencia sanitaria á...

Un incendio nunha vivenda en Vigo obriga a dar asistencia sanitaria á muller que vivía nela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller necesitou asistencia sanitaria, aínda que non chegou a ser trasladada, debido a un incendio orixinado de madrugada na súa vivenda en Vigo.

Segundo informa o 112 Galicia, pasaban 10 minutos da 1,00 da mañá cando un veciño chamou ao número de emerxencias para informar de que vía saír fume polo balcón dun domicilio situado en Avenida Santa Mariña, en Cabral.

Seguidamente, o 112 alertou a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros da cidade e aos axentes da Policía Nacional e Local. A muller foi atendida nunha ambulancia, pero non tivo que ser evacuada a un centro hospitalario.

Unha vez finalizada a súa intervención, os servizos de extinción comunicaban que arderan todos os mobles dunha das habitacións.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...