InicioSucesosO caso do profesor degolado en Vigo será ante o Tribunal de...

O caso do profesor degolado en Vigo será ante o Tribunal de Xurado

O mesmo día que se atopou o cadáver, o único investigado por este crime foi detido tras ser interceptado pola Garda Civil nun control de tráfico na AP-53, no municipio de Silleda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 5 de Vigo acordou a transformación das actuacións coas que investigou a morte dun profesor, que apareceu degolado no seu domicilio da cidade en xaneiro de 2022, en procedemento ante o Tribunal de Xurado, ao considerar que os feitos poderían ser constitutivos dun delito de homicidio.

Unha vez firme o auto, informaron fontes xudiciais, incoarase o procedemento para xuízo ante o Tribunal de Xurado, xa que o suposto delito de homicidio, que se lle atribúe ao único detido por este crime (o novo D.M.C.), é un dos que se contempla na lei como obxecto de enjuiciamiento por parte dun Tribunal de Xurado.

No seu auto, a xuíza de instrución sinala que a vítima foi localizada o 4 de xaneiro de 2022, no seu domicilio da rúa Areal, “con evidentes sinais de morte violenta”, a cal foi posteriormente confirmada pola autopsia. A resolución non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso.

Este profesor xubilado, Benito T.S. apareceu degolado no seu piso, cun corte profundo no pescozo e outras feridas, aínda que os investigadores apuntaron que falecera días atrás.

O mesmo día que se atopou o cadáver, o único investigado por este crime foi detido tras ser interceptado pola Garda Civil nun control de tráfico na AP-53, no municipio de Silleda. A súa actitude e, sobre todo, o feito de que portaba documentos dun veciño de Vigo (a vítima) e os seus cartóns bancarios, levantou as sospeitas dos axentes, que contactaron con Policía Local e Policía Nacional de Vigo. Os funcionarios policiais tentaron localizar ao veciño da cidade olívica e, tras falar cun familiar, accederon ao seu domicilio na rúa Areal, onde atoparon o corpo sen vida.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...