InicioSucesosRexistran outro incendio nun segundo bus en Vigo

Rexistran outro incendio nun segundo bus en Vigo

Segundo informou o 112, o autobús ardeu na súa totalidade a última hora do domingo sen causar feridos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo rexistrou o domingo senllos incendios en autobuses urbanos da cidade, segundo transcendeu na xornada deste luns. Nun deles o propio condutor apagou as chamas e no outro o vehículo ardeu por completo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros.

E é que, segundo confirmaron fontes próximas ao caso, momentos antes de que se producise este último suceso rexistrouse outro lume nun autobús, en concreo cando estaba na rúa Tomás Alonso. Nese caso crese que unha persoa prendeu lume a un asento, sendo o propio condutor o que apagou as chamas.

No outro caso, segundo informou o 112, o autobús ardeu na súa totalidade a última hora do domingo sen causar feridos. Os feitos producíronse ao redor das 22,45 horas e do suceso alertou un particular, que explicou que ardía un bus urbano na rúa Urzaiz, en Vigo.

Ao mesmo tempo, aseguraba que non había xente no seu interior, polo que non había persoas afectadas. Aínda así, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou unha ambulancia ao momento.

Ata o lugar, tamén se achegaron, tras ser informados polo 112 Galicia, os Bombeiros da cidade, que procederon á extinción do lume, e os axentes da Policía Nacional e Local. Agora investígase o sucedido para esclarecer os feitos ante a sospeita de que foi provocado.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...