InicioSociedadePetición de cárcere para unha muller que roubou a unha anciá á...

Petición de cárcere para unha muller que roubou a unha anciá á que coidaba en Vigo

A Fiscalía pide penas que suman 4 anos e medio de prisión para unha muller, acusada os delitos de roubo con forza, furto leve e estafa, tras haber supostamente abusado da confianza dunha anciá á que coidaba en Vigo para subtraerlle xoias, facerlle entregar diñeiro e para entrar na casa do seu fillo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman 4 anos e medio de prisión para unha muller, acusada os delitos de roubo con forza, furto leve e estafa, tras abusar supostamente da confianza dunha anciá á que coidaba en Vigo para subtraerlle xoias, facerlle entregar diñeiro e para entrar na casa do seu fillo.

A muller, para a que tamén piden multas que suman 3.000 euros, ía ser xulgada o pasado 14 de febreiro, pero a vista suspendeuse debido á folga dos Letrados da Administración de Xustiza. O xuízo foi sinalado para o 5 de maio na sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Segundo recolle o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron a finais de 2019, cando a acusada vivía no domicilio dunha anciá de 85 anos á que estaba a coidar. A acusada xa a coñecía porque a coidou previamente, e mesmo traballara en casa do seu fillo como limpadora.

De feito, tras cesar o seu traballo en casa do fillo, en lugar de devolver as chaves do domicilio quedoullas e, polo menos nunha ocasión, entrou na vivenda, de onde subtraeu varios paquetes de tabaco e unha caixa con 600 euros en efectivo.

En casa da anciá, aproveitándose da confianza que depositara nela e da avanzada idade da muller, subtraeu diversas xoias, sen que se puidese concretar cales e de que características, salvo dous pendentes de ouro e brillantes (que logo vendeu nun establecemento por 10 euros) e un anel de ouro cunha pedra negra (que vendeu no mesmo establecemento por 75 euros).

Por outra banda, a acusada, entre novembro e decembro de 2019, cun duplicado do DNI da octoxenaria, levouna ata en catro ocasiones a unha sucursal de Caixabank da rúa Sanjurjo Badía, e alí enganouna para que asinase a retirada de diñeiro sen que a muller fose consciente do que facía. Deste xeito, apropiouse dun total de 950 euros da súa conta.

DELITOS E PENAS

Por estes feitos, a Fiscalía acúsaa dun delito de roubo con forza en casa habitada, dun furto leve e dun delito de estafa, coa agravante de abuso de confianza.

O ministerio público pide que a sospeitosa sexa condenada a penas que suman 4 anos e medio de prisión, e ao pago de multas por 3.000 euros. Tamén pide que se lle impoña a indemnización de 600 euros para o fillo da anciá, e de 950 euros á octoxenaria, así como que devolva o valor das xoias que se poidan acreditar como roubadas.

ÚLTIMAS

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...