InicioSucesosDetido un home en Vigo cando lle estaba dando patadas a unha...

Detido un home en Vigo cando lle estaba dando patadas a unha muller

Os efectivos policiais procederon de inmediato á protección da muller, impedindo que continúe a agresión, e procederon á detención do agresor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi detido en Vigo tras ser sorprendido o pasado venres, día 21 de abril, cando propinaba patadas a unha muller na avenida de Emilio Martínez Garrido da cidade olívica.

Diso informou este mércores a Vicepresidencia Segunda da Xunta e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que detalla que os axentes realizaban unha patrulla cando observaron os feitos e acudiron en socorro da vítima.

Os efectivos procederon de inmediato á protección da muller, impedindo que continúe a agresión, e procederon á detención do agresor.

O atacante foi trasladado á comisaría da Policía Nacional de Vigo, onde se tramitaron as dilixencias pertinentes por un suposto delito violencia de xénero.

Ata o momento, a policía autonómica ten asignada a protección de 292 vítimas de violencia de xénero nas diferentes xefaturas de unidade.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...