InicioSucesosPiden prisión para un policía de Vigo por saltar o afastamento dunha...

Piden prisión para un policía de Vigo por saltar o afastamento dunha moza que o denunciou por agresión sexual

A Fiscal sostén que o acusado fixo isto para amedrentar á moza e "en vinganza" pola denuncia contra el.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman 2 anos e tres meses de prisión para un axente de Policía Local de Vigo por vulnerar unha orde de afastamento dunha moza, que o denunciou por unha suposta agresión sexual, e sentará no banco dos acusados este mércores, no xulgado do Penal 3 da cidade olívica, para un xuízo rápido.

Segundo recolle o escrito de acusación pública, este home foi denunciado en novembro do ano pasado por unha moza veciña súa e, no marco dese procedemento, no que está investigado como suposto autor dun delito de agresión sexual, o xulgado impúxolle como medida cautelar unha orde de afastamento da denunciante.

No entanto e a pesar de ser coñecedor desa medida de afastamento, en febreiro deste ano achegouse no seu coche a poucos metros da moza, na Travesía de Cantabria, e dirixiuse a ela xesticulando, simulando que lle apuntaba e disparaba cunha pistola.

A Fiscal sostén que o acusado fixo isto para amedrentar á moza e “en vinganza” pola denuncia contra el, para tratar de que a moza modificase a súa intervención no procedemento por suposta agresión sexual.

Por estes feitos, entende que o policía (ao que se lle retirou a arma e foi trasladado a servizos sen contacto co público) incorreu nos delitos de quebrantamento de medida cautelar, obstrución á xustiza e ameazas. Así, pide que sexa condenado a penas que suman 27 meses de prisión e ao pago de multas que suman máis de 8.000 euros.

Con motivo da celebración deste xuízo rápido, Feminismo Unitario de Vigo convocou unha concentración ás 10,15 horas na praza da Cidade da Xustiza para reclamar “medidas contundentes” contra o acusado.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...