InicioSucesos18 meses de prisión e 2.700 euros de multa para a muller...

18 meses de prisión e 2.700 euros de multa para a muller acusada de prender varios lumes en montes de Nigrán

Fiscalía, que inicialmente pedía 12 anos de cárcere, tamén rebaixa a 2.700 euros a petición de multa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A muller acusada de prender varios focos de lume en zonas forestais de Nigrán, María Luisa A.A., no verán de 2020, aceptou este mércores penas que suman 18 meses de prisión e multas por 2.700 euros, nunha vista de conformidade celebrada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Aínda que inicialmente a Fiscalía pedía para ela condenas que sumaban 12 anos de cárcere, produciuse un acordo entre a acusación pública e a defensa, e rebaixouse esa petición ata os 6 meses de prisión por cada un do tres delitos de incendio forestal. Ademais, tamén se acordou a suspensión da execución da pena por un período de 3 anos, a condición de que a muller non volva delinquir e pague as indemnizacións que se poidan establecer (no caso de que a Xunta ou algún veciño afectado reclame).

Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos sucederon durante o mes de agosto de 2020, cando a muller, de 60 anos nese momento, foi sorprendida en varias ocasións prendendo lume á maleza e no monte próximo á súa vivenda, no lugar de Nandín.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...