InicioMedio Ambiente e PatrimonioVigo abastecerá de auga a unha parroquia de Fornelos desde a presa...

Vigo abastecerá de auga a unha parroquia de Fornelos desde a presa de Eiras

O Concello de Vigo, a través da concesionaria Aqualia, iniciará o estudo para a execución dunha obra que garanta o abastecemento de auga á parroquia de Calvos, en Fornelos de Montes (Pontevedra), desde a presa de Eiras, que é propiedade municipal viguesa pero está situada nese concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo, a través da concesionaria Aqualia, iniciará o estudo para a execución dunha obra que garanta o abastecemento de auga á parroquia de Calvos, en Fornelos de Montes, desde a presa de Eiras, que é propiedade municipal viguesa pero está situada nese concello. Así o trasladou o alcalde, Abel Caballero, en declaracións remitidas aos medios, e tras manter un encontro co rexedor de Fornelos, o tamén socialista Emiliano Lage.

Segundo explicou Caballero, nese municipio de pouco máis de 1.600 habitantes, hai un problema de abastecemento nunha das súas parroquias, a de Calvos, que non ten traída de augas, e os pozos que fornecían a auga “están a secarse” debido ao cambio climático. Trátase dunha zona que se atopa á beira do encoro de Eiras, que prové de auga á cidade de Vigo e unha decena de municipios máis da área.

O goberno local de Fornelos expuxo a petición de recibir abastecemento desde a presa, e Caballero prometeu a súa colaboración “para resolver o problema”. “A miña resposta é absolutamente si”, proclamou, á vez que lembrou que Vigo se abastece da presa situada en Fornelos, municipio que sempre tivo un “trato amable” coa cidade.

Por iso, explicou que deu instrución á concesionaria que xestiona o encoro (e o servizo de saneamento e abastecemento en Vigo), Aqualia, para que inicie o estudo de necesidades desa parroquia e as alternativas para garantirlle a auga, “seguramente a través dun bombeo”. “O máis axiña posible farémonos cargo desde Aqualia, desde a presa, desde Vigo, do custo do proceso de abastecemento (…), iniciamos o estudo, haraemos a obra e resolveremos o problema”, sentenciou Abel Caballero.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...