InicioSociedadeO goberno de Vigo aproba contratar un estudo por un máximo de...

O goberno de Vigo aproba contratar un estudo por un máximo de 400.000 euros para planificar o futuro bus urbano

Exponse que o transporte público colectivo de Vigo está inmerso "nun proceso de recuperación" tras as "graves afeccións" provocadas no servizo pola pandemia de Covid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente para contratar unha asistencia técnica que elabore un estudo sobre a demanda do transporte urbano colectivo na cidade e establecer un proceso de modelización da rede de transporte urbano da cidade, cun gasto máximo autorizado de case 400.000 euros.

A proposta foi aprobada fóra da orde do día nunha reunión ordinaria do goberno, o pasado 31 de marzo, e o prazo para presentar ofertas estará aberto ata o 4 de maio. No expediente de contratación exponse que o transporte público colectivo de Vigo está inmerso “nun proceso de recuperación” tras as “graves afeccións” provocadas no servizo pola pandemia de Covid.

Ademais, recollen os documentos, a concesión do bus urbano (que ostenta Vitrasa) está en situación de prórroga, acordada de forma extraordinaria, precisamente durante a pandemia, co que o contrato está en vigor ata xuño de 2025.

Nese escenario, considérase “necesario” iniciar as actuacións para “determinar os indicadores reais da demanda do novo modelo de mobilidade urbana” e así poder optimizar o transporte urbano de Vigo “para a próxima década”, todo iso tendo en conta que haberá que elaborar un novo prego para sacar de novo a concurso o servizo cando se acabe a actual concesión.

Por todo iso, e a expensas da incorporación de informes pendentes, a xunta de goberno acordou aprobar ese expediente de contratación, así como o prego de prescricións técnicas para executalo, redactado por itra empresa contratada o pasado ano.

O gasto máximo autorizado para ese estudo das liñas de transporte é de 399.682,93 euros e deberá incluír un informe sobre a concesión actual, realización dunha enquisa, elaboración dun modelo de simulación do transporte de Vigo, propostas de optimización da rede, etc.

ÚLTIMAS

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Detidos por realizar 35 chamadas intimidatorias en menos de 5 horas a un vigués

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo a dous homes como supostos autores...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...