InicioSucesosDetido en Vigo por circular co carné suspendido nunha furgoneta roubada

Detido en Vigo por circular co carné suspendido nunha furgoneta roubada

O individuo asegurou aos axentes que a furgoneta era dun amigo e que o ía a chamar para que a retirase de alí

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 43 anos de idade, S.A.O., natural de Barcelona, como presunto autor do roubo dunha furgoneta, e dun delito contra a seguridade viaria, por circular co carné suspendido.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a pasada noite, cando unha patrulla se desprazou á rúa Irmandiños, alertada polos veciños, que se queixaban do alto volume da música procedente dunha furgoneta.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que había un home pintando con spray a parte frontal dunha furgoneta. Ao identificalo, comprobaron que o home carece de permiso de conducir por unha perda de vixencia do mesmo.

O individuo asegurou aos axentes que a furgoneta era dun amigo e que o ía a chamar para que a retirase de alí. Con todo, pouco despois, a patrulla interceptou pola zona ao mesmo home, conducindo dita furgoneta.

Tras inmobilizar o vehículo e iniciar as dilixencias por un delito contra a seguridade viaria, ao facer os trámites os axentes comprobaron que a furgoneta figuraba como subtraída o pasado 28 de marzo na provincia de Ourense. Por todos estes feitos, procederon á detención de S.A.O.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...