InicioSociedadeEmpresas e uns 300 particulares crean Plataforma Galega de Afectados polas Comunidades...

Empresas e uns 300 particulares crean Plataforma Galega de Afectados polas Comunidades de Montes

O obxetivo é defender os seus intereses ante a "inseguridade xurídica" sobre propieades e terreos industriais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Uns 300 particulares e empresas de Mos e Vigo uníronse para crear a Plataforma Galega de Afectados polas Comunidades de Montes, co fin de defender os seus intereses ante estas entidades e para loitar contra a “inseguridade xurídica” que afecta a algúns terreos e que pon en cuestión a súa lexítima propiedade.

A plataforma lembrou que algúns afectados levan 3 anos loitando nos tribunais para evitar que as comunidades de montes “se apropien” das súas vivendas ou do terreo que ocupan as súas empresas. Así, apuntaron aos litixios coa Comunidade de Montes de Cabral, en Vigo, que denunciou a seis particulares, catro empresas do Gorxal e ás empresas do polígono de Becerreira. No caso de Mos, os comuneiros “xa anexionaron” o polígono de Monte Faquiña, e “empezaron a presionar a particulares a través de catastro”.

A Plataforma espera crecer e lograr máis socios doutras zonas de Galicia e, entre os seus obxectivos máis inmediatos, queren reclamar á Xunta que se comprometa a “buscar unha solución” para os veciños, que “se atopan completamente sós” ante unha Lei de Montes (de 2012) “na que os comuneiros están por encima que calquera outro lexítimo dereito”. Por iso, queren promover un cambio lexislativo para acabar con esa “inseguridade xurídica” e facilitar asesoría aos afectados.

Segundo lembraron, o argumento que utilizan as comunidades de montes para quedar con eses terreos “é sempre o mesmo”, que as leiras pertencen á entidade comunal “desde tempo inmemorial” e que ese feito está plasmado en levantamentos administrativos da última década do século XIX, segundo unha fotocopia compulsada dun plano “que non se puido acreditar que exista”.

A nova Plataforma está presidida por Beatriz Ucha, veciña de Vigo e “expulsada da Comunidade de Montes de Cabral, a pesar de que un xulgado ordenou o contrario”. A tamén administradora dunha das empresas demandadas do polígono de Becerreira fixo un chamamento para que outros afectados sómense á Plataforma, a través da súa web e do mail info@afectadoscomunidadesmontes.org.

ÚLTIMAS

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...

O Porriño convidará ao Papa León XIV a visitar a localidade e valora nomealo fillo ilustre

O Concello do Porriño iniciou os trámites institucionais para convidar ao Papa León XIV...