InicioSucesosIdentificados dous mergulladores pola captura ilegal de peixe e moluscos

Identificados dous mergulladores pola captura ilegal de peixe e moluscos

Os mergulladores, dous cidadáns portugueses, descoñecían a prohibición de mergullar en Galicia pola semana

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo identificou a dous cidadáns portugueses, J.F.P.D.C.P., de 36 anos de idade, e T.M.F.A., de 42 anos, pola captura ilegal de máis de 13 quilos de peixes e moluscos.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na mañá deste martes, cando unha dotación do 092 levou a cabo un operativo xunto co garda da Confraría de Pescadores de Vigo, na contorna da Praia do Portiño. Sobre as 11,30 horas detectouse a presenza na auga de catro boias de mergulladores, tratándose dunha actividade que non se pode realizar de luns a venres.

Cando os mergulladores saíron da auga, dúas deles levaban arpón e varios exemplares que pescaran: un congro, 3 polbos, 2 chocos, unha raia, 3 pintos, un sargo e unha maragota, cun peso total de 13,6 quilos.

Segundo explicou a Policía Local, os identificados descoñecían a prohibición de mergullar en Galicia pola semana, xa que no seu país non existe esa limitación. Os mergulladores colaboraron en todo momento co operativo, e os seus equipos, así como os peixes e moluscos, foron requisados (no caso da pesca, doada ao Comedor da Esperanza).

ÚLTIMAS

O condutor falecido tras unha pelexa con outro na A-55 en Mos morreu por un paro cardíaco

A autopsia practicada ao condutor de 52 anos falecido o pasado domingo tras unha...

O goberno de Vigo di que actuou dentro da legalidade tras suspedr o contrato do bus

O Concello de Vigo fixo público este martes un comunicado sobre a suspensión da...

O Concello de Vigo critica o “estado lamentable” da antiga estación de autobuses tras cederlla a Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello aceptará a cesión da...

O BNG esixe explicacións urxentes pola suspensión do contrato do bus de Vigo e alerta de “inseguridade xurídica”

O grupo municipal do BNG anunciou este martes que solicitará a convocatoria dunha Xunta...