InicioSucesosInvestigado un condutor borracho que arroiou a tres persoas no Porriño

Investigado un condutor borracho que arroiou a tres persoas no Porriño

O condutor, sesaxenario e veciño de Vigo, triplicaba a taxa máxima de alcol

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria a un condutor que, nas últimas horas, arroiou a tres persoas na parroquia de Chenlo, no Porriño e que deu positivo no test de alcolemia.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado e do 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 18,50 horas deste domingo na PO-310, na baixada á Igrexa de Canadelo. O condutor golpeou co espello retrovisor a unha muller que se atopaba próxima a un muro, falando con outras dúas veciñas da zona.

Debido ao impacto, a muller caeu e arrastrou ao chan aos seus acompañantes. O 112 recibiu a alerta por parte do 061 e informou do ocorrido á Policía Local do Porriño, Garda Civil e bombeiros.

Fontes coñecedoras do suceso confirmaron que o condutor implicado, sesaxenario e veciño de Vigo, case triplicaba a taxa máxima de alcolemia permitida (cun resultado de 0,99 mg/l) e que, das tres mulleres afectadas, só unha permanece ingresada en observación, debido a que sufriu un golpe na cabeza.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...