InicioVigo e contornaVigoCaballero acusa de novo a Rueda de "mentir" por non dicir que...

Caballero acusa de novo a Rueda de “mentir” por non dicir que o diñeiro destinado a Aspanaex son fondos europeos

O rexedor vigués subliñou tamén que a Xunta non destinou nin un euro dos fondos europeos que lle pertencen á urbe olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a acusar o presidente da Xutna, Alfonso Rueda, de “mentir por omisión” ao “non citar” que os 2 millóns de euros destinados ás obras da nova residencia da Asociación en defensa das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra (Aspanaex) proveñen de fondos europeos.

En rolda de prensa, Caballero asegurou estar “encantado” con que a entidade dispoña dunhas novas instalacións na cidade, pero lamentou que Rueda non dixese que o diñeiro que se investirá provén de fondos europeos do Goberno.

O rexedor subliñou tamén que a Xunta non destinou nin un euro dos fondos europeos que lle pertencen á urbe olívica, a pesar de que a outros municipios como Arbo si concedeu máis de 6 millóns de euros.

Entre outros temas, Abel Caballero volveu cargar contra o Executivo autonómico pola instalación do baño na praia da ETEA, que finalmente estará dispoñible nos próximos días tras varios meses de disputas e despois de que o propio alcalde llo negase aos veciños.

BOLSAS DE ESTUDOS NO ESTRANXEIRO

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello sumará ao seu Programa Municipal de Inmersión Lingüística Inglesa tamén estancias en Francia e Alemaña para aprender os seus respectivos idiomas.

Tras reunirse con profesores da cidade, o rexedor decidiu ampliar a oferta de destinos e linguas desta iniciativa municipal, que permite cada ano que uns 900 mozos vigueses desprácense varias semanas a países de fala inglesa para aprender o idioma.

En 2024, os escolares da cidade poderán seleccionar tamén outros idiomas. Para iso, os profesores comprometéronse a que polo menos 40 alumnos soliciten unha praza en Francia e en Alemaña, xa que é “o mínimo” para que unha empresa adxudicataria poida “ter interese”.

“Se se presentan 15, ímolas  pagar igual e, en consecuencia, o Concello desperdiciaría diñeiro”, explicou Caballero.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe o fin da “batalla de egos” entre Xunta e Concello que bloquea a recuperación da ETEA

O BNG de Vigo volveu instar este mércores á Xunta de Galicia e ao...

O PP de Vigo denuncia un pago de 1,1 millóns a DomusVi polo servizo de Axuda no Fogar “sen contrato”

O PP de Vigo denunciou que o Concello terá que pagar 1,1 millóns de...

Caballero crítico co borrador da lei de administración local: “Home, o primeiro é o alcalde de Vigo’

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou á Xunta que non se lle solicitase...

A Universidade de Vigo impulsa a dixitalización da acuicultura atlántica

Investigadores do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo participan no proxecto...