InicioEconomíaCogami inicia un programa para incrementar a inserción laboral de persoas con...

Cogami inicia un programa para incrementar a inserción laboral de persoas con diversidade funcional

Cunha duración de nove meses, o obxectivo é que polo menos o 45% dos participantes consigan un emprego, "por iso é necesario formalos e capacitalos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) iniciou en Vigo un programa de emprego para aumentar as posibilidades de inserción laboral de persoas con discapacidade.

Nel, segundo informou a asociación, participan unhas 25 persoas co certificado de discapacidade e en situación activa de procura de emprego.

A través desta iniciativa, que cofinancian Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo, os participantes contarán coa atención personalizada e individualizada dun técnico de orientación laboral de Cogami que os asesorará e acompañará na procura de emprego trazando itinerarios de inserción.

Cunha duración de nove meses, o obxectivo é que polo menos o 45% dos participantes consigan un emprego, “por iso é necesario formalos e capacitalos”, ademais de aumentar o seu nivel de autonomía na procura de emprego e acompañarnos en todo o proceso de preparación.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...