InicioVal MiñorNigránNaco, o mozo nigranés que recibiu unha brutal malleira fai un ano

Naco, o mozo nigranés que recibiu unha brutal malleira fai un ano

A nai da vítima convoca unha manifestación o día 16 de agostona Plaza do Concello de Nigrán para pedir xustiza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nacho, a quen na familia lle chaman cariñosamente Naco, foi vítima dunha brutal malleira fai un ano. Entón, unhas seis persoas comezaron a pegarlle na madrugada do 16 de agosto do 2020, despois de saír dun evento no Pazo de Urzáiz. “Pensaron que te mataran e deixáronte tirado no medio da maleza para que morreras se non o fixeras xa”, denuncia a nai da vítima, Lupe Comesaña, nunha mensaxe que difundiu por redes.

A nai de Nacho pide agora axuda para que se faga xustiza para o seu fillo, por iso convovoca unha concentración para o día 16 de agosto ás 21.00 horas na Praza do Concello de Nigrán, cando se cumpre un ano da fatídica agresión.

“Enterráronte en vida, apagáronche a luz que desprendías e cargado de lesións e secuelas que son difíciles de superar”, escríbelle súa nai nas redes. Dende fai un ano, Naco, que ten agora 25 anos, recupérase moi lentamente das lesións físicas e psicolóxicas que cambiaron a súa vida. Xa se someteu a unha operación e pouco a pouco vai recuperando a visión dun dos seus ollos.

“Síntome impoñente de non poder facer máis, de sacarte dese burato sen fondo no que te meteron e no que peleas contigo mesmo por saír del”, confesa a nai. Pero o caso de Samuel Luiz, a quen asasinaron cunha brutal paliza, foi unha luz para a familia para animarse a denunciar públicamente o sucedido e buscar apoio social. Naco leva un ano esperando por xustiza mentres sabe que os seus agresores “gozan da vida sen prexuízos nin remordementos”, como apunta a nai.

Coa concentración organizada, non só queren pedir xustiza para Naco, senón que tamén queren denunciar o acontecido e que casos como o de Naco e Samuel non se repitan.

ÚLTIMAS

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...

A protesta pola vivenda en Vigo non deixa de medrar: xa son 60 tendas e ata 40 persoas durmindo cada noite

A acampada pola vivenda en Vigo acada xa as 60 tendas, nas que cada...